Un neno que circulaba en bicicleta por unha estrada de Redondela resultou ferido ao ser alcanzado por un coche durante a tarde deste mércores. O menor precisou asistencia médica, do mesmo xeito que o condutor do turismo, que sufriu unha crise de ansiedade. Segundo os detalles facilitados polo 112 Galicia, o accidente ocorreu no quilómetro 1,2 da PO-250, na parroquia de Reboreda. Preto das 16.40 horas, un particular solicitou asistencia sanitaria para un neno ferido nun accidente entre unha bicicleta e un coche.
Con todo, o alertador asegurou que o menor estaba totalmente liberado e accesible. A central de emerxencias avisou ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Policía Local e á Garda Civil de Tráfico. Do mesmo xeito, foron informados os Bombeiros de Redondela, o GES de Mos e os efectivos de Protección Civil da localidade. Xa no lugar dos feitos, a Policía Local solicitou ao 112 asistencia para o condutor do turismo, que sufriu unha crise de ansiedade.
Compartir:
- Compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva) Facebook
- Compartir en X (Se abre en una ventana nueva) X
- Compartir en LinkedIn (Se abre en una ventana nueva) LinkedIn
- Compartir en Telegram (Se abre en una ventana nueva) Telegram
- Compartir en WhatsApp (Se abre en una ventana nueva) WhatsApp
- Compartir en Mastodon (Se abre en una ventana nueva) Mastodon
- Compartir en Bluesky (Se abre en una ventana nueva) Bluesky
