InicioSucesosA Policía Nacional detén a dous integrantes de 'Tropas de Breogán' polos...

A Policía Nacional detén a dous integrantes de ‘Tropas de Breogán’ polos altercados no Celta-Lyon

Os arrestados, investigados por lesións e desordes públicas, atopábanse en liberdade tras prestar declaración mentres continúa a investigación polos ataques e danos a vehículos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Nacional confirmou a detención dunha segunda persoa en relación cos graves altercados rexistrados na noite do pasado mércores en Vigo entre seguidores do Celta e do Olympique de Lyon. Segundo informaron fontes da Comisaría viguesa, o arresto produciuse na mañá deste venres, sumándose á detención dun primeiro implicado o xoves. Ambos os detidos, que forman parte do grupo ‘Tropas de Breogán’, xa foron postos en liberdade á espera de ser citados pola autoridade xudicial e están sendo investigados como supostos autores de delitos de lesións, desordes públicas e danos.

Os feitos remóntanse á noite do mércores, horas antes do encontro europeo, cando un grupo de encapuchados armados con paus e tubos abordou a varios seguidores do equipo francés mentres se atopaban nun local de hostalaría da rúa Areal. A agresión saldouse con varias persoas feridas —polo menos unha delas precisou traslado a un centro sanitario— e importantes danos materiais. No marco do operativo policial desenvolvido tras o incidente, foron identificadas arredor dunha vintena de persoas, e as dilixencias permanecen abertas para esclarecer o sucedido e determinar o grao de implicación de todos os participantes.

INVESTIGACIÓN POR DANOS A VEHÍCULOS

Á marxe do ataque na rúa Areal, a Policía Nacional mantén aberta unha segunda liña de investigación pola aparición de polo menos unha decena de vehículos coas rodas picadas na contorna de As Travesas, nas proximidades do estadio de Balaídos.

Os investigadores comprobaron que varios deses automóbiles, con matrícula portuguesa, foran alugados polos seguidores do Lyon para desprazarse ata a cidade. Actualmente, a policía traballa para determinar se estes danos gardan unha relación directa co resto dos incidentes e para concretar todas as responsabilidades derivadas dunha xornada marcada pola violencia nas horas previas ao partido.

ÚLTIMAS

Unha mestra menos, 180 escolares e unha comunidade en pé: o conflito educativo que sacode Vigo

Aprender a quitar o abrigo, pedir axuda para ir ao baño, expresar unha necesidade...

Só catro destinos desde Peinador: o PP acusa a Aena e Abel Caballero de “acabar” co aeroporto de Vigo

Un aeroporto é moito máis que unha infraestrutura de transporte. As súas conexións condicionan...

Un exprofesor do Colexio Montecastelo de Vigo, entre os falecidos no accidente ferroviario de Urda

O Colexio Montecastelo de Vigo lamentou nas últimas horas o falecemento de Carlos Ortiz,...

‘Contra o negacionismo da violencia machista’, lema dos actos do 25N en Vigo

O Concello de Vigo presentou este luns a súa programación con motivo do 25N,...