InicioSucesosTres feridos despois de que un coche se saíse da vía e...

Tres feridos despois de que un coche se saíse da vía e rematase empotrado nunha casa en Coruxo

Dous ocupantes do vehículo e unha persoa que estaba no interior da vivenda resultaron feridos tras o impacto.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Tres persoas resultaron feridas este martes ao saírse da estrada o vehículo no que viaxaban e chocar contra unha casa en Vigo. Dous deles viaxaban no vehículo e a terceira vítima estaba no interior da casa. O suceso, informou o 112, produciuse ao redor das 14.10 horas na Avenida Ricardo Mella, ao seu paso por Coruxo (Vigo).

A alerta foi recibida a través do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que informaba dunha saída de vía dun turismo que acabou impactando contra unha vivenda. No vehículo viaxaban dúas persoas e, segundo indicaban, existía a posibilidade de que outra persoa resultase ferida o interior do inmoble.

No operativo participaron, ademais do 061, os bombeiros de Vigo, a Garda Civil de Tráfico e a Policía Local. Tal e como confirmaron os bombeiros, tiveron que intervir para axudar a saír aos dous ocupantes do vehículo, que resultaron feridos, así como para atender a unha persoa que se atopaba no interior da vivenda e que tamén estaba ferida.

ÚLTIMAS

Médicos de Atención Primaria maniféstanse en Vigo contra a sobrecarga laboral

Decenas de médicos de Atención Primaria de toda Galicia concentráronse este martes pola tarde...

O BNG de Vigo demanda un cambio radical ante a crise industrial e a emerxencia laboral na cidade

O BNG de Vigo reclamou á Xunta de Galicia e ao Concello un cambio...

Vigo volve mirar ao Mundial: Caballero anuncia novos pasos para ampliar Balaídos ata 43.000 espectadores

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este martes que “xa se están dando...

Xuízo pola morte dun operario en Cardama: o condutor do camión asegura que non viu o cable que provocou a caída da peza

O condutor do camión do que caeu unha enorme peza que causou a morte...