InicioSucesosUn ferido atrapado tras envorcar o seu turismo nun accidente na Ramallosa

Un ferido atrapado tras envorcar o seu turismo nun accidente na Ramallosa

O ocupante dun turismo quedou atrapado este martes no municipio pontevedrés de Baiona tras envorcar o vehículo no que viaxaba. O accidente ocorreu na EP-3102, na Ramallosa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Segundo informou o 112, varias persoas chamaron ao servizo para alertar de que o vehículo se saíu da vía e foise contra unha pedra, o que lle fixo envorcar. Aínda que nun primeiro momento consideraron que o ocupante estaba accesible, coa chegada dos membros do GES do Val Miñor, comprobaron que si era necesaria a excarceración para facilitar a asistencia médica do ferido. O home estaba consciente pero necesitou atención e foi evacuado por unha dotación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ao centro hospitalario de referencia. Neste operativo tamén participaron axentes da Garda Civil de Tráfico.

ÚLTIMAS

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...