InicioSucesosFerido grave en Vigo ao ser atropelado por un patinete eléctrico mentres...

Ferido grave en Vigo ao ser atropelado por un patinete eléctrico mentres baixaba do autobús

A vítima, de 58 anos, entrou en parada cardiorrespiratoria tras o impacto; o condutor do patinete deu positivo en haxix e circulaba polo carril bici que coincide coa parada.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home de 58 anos de idade, J.M.S.X., resultou ferido grave este luns despois de ser arroiado polo usuario dun patinete eléctrico na Avenida de Camelias en Vigo. O accidente ocorreu sobre as 14.00 horas á altura do número 46 desta rúa e a vítima estaba a baixar dun autobús nunha parada cando foi atropelado. O usuario do patinete, que deu positivo en haxix, estaba a circular polo carril bici cuxo percorrido coincide nese tramo coa parada.

Como consecuencia do impacto, o home sufriu lesións graves ao golpearse a cabeza e entrou en parada cardiorrespiratoria; un axente da Policía Local estivo a realizar manobras de reanimación ata a chegada dos profesionais sanitarios. Ata o punto desprazouse unha ambulancia de soporte vital básico cun médico do Nicolás Pena, e unha UVI móbil, que trasladou ao ferido ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

ÚLTIMAS

Vigo prepara un protocolo ante as inundacións: cortes de tráfico en Balaídos, Citroën e outras zonas de risco

O Concello de Vigo aprobou un novo protocolo permanente de actuación ante episodios de...

O TSXG dálle a razón ao Porriño fronte a Vigo: anula os cobros pola auga da presa de Eiras

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso de apelación presentado...

Competencia detecta indicios de prácticas irregulares no contrato de 470 millóns do bus urbano de Vigo

A contratación pública constitúe un dos principais mecanismos polos que as administracións deciden como...

Orden de busca e captura dunha empregada do fogar que subtraeu xoias por case 75.000 euros dunha vivenda en Vigo

A Quinta Sección da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ordenou a...