InicioSucesosInvestigan a morte dun home nunha nave abandonada en Vigo

Investigan a morte dun home nunha nave abandonada en Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Nacional abriu unha investigación para esclarecer as circunstancias da morte dun home, cuxo cadáver foi localizado este domingo nunha nave abandonada da rúa Jacino Benavente e que, segundo apuntan as primeiras hipóteses, sufriu un accidente ao precipitarse desde unha altura.

Os feitos ocorreron sobre as 14.00 horas na antiga nave de Pescanova que está en Jacinto Benavente, un espazo en desuso desde hai anos no que adoitan pasar a noite persoas sen teito e onde xa se rexistraron outros incidentes, como incendios. Segundo confirmaron fontes policiais, á espera do resultado da autopsia para coñecer as causas da morte, non hai indicios de criminalidade.

ÚLTIMAS

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...