InicioSucesosAparece con vida e a 400 metros da súa casa o home...

Aparece con vida e a 400 metros da súa casa o home desaparecido o luns no Porriño

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un veciño de 67 anos que faltaba do seu domicilio desde o mediodía do luns foi achado con vida este martes nunha zona de monte, a uns 400 metros do seu domicilio, no Porriño. Segundo informou a Garda Civil, tras recibir a alerta da desaparición, organizouse un operativo na que participaron diferentes patrullas da Garda Civil, a Policía Local e Protección Civil.

O operativo localizou ao home sobre as 16,00 horas nunha zona de monte con moita maleza e zarzas, a uns 400 metros do seu domicilio. A Garda Civil informou de que o home estaba consciente e que foi derivado a un centro hospitalario.

ÚLTIMAS

Caballero saca peito e presume de xestión: “Se hoxe houbese eleccións subiriamos 2 concelleiros e gañariamos a Deputación”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presumiu este martes de liderado municipal, e vaticinou:...

Abel Caballero acende “as luces de Nadal de todo o planeta”: Vigo estreará o seu espectáculo o 15 de novembro

A iluminación do Nadal de Vigo acenderase o próximo 15 de novembro, segundo desvelou...

O PP de Vigo contraataca con 39 enmendas para que os orzamentos sexan “realistas” e non “publicitarios”

O grupo municipal do PP rexistrou 39 emendas aos orzamentos de Vigo para 2026,...

O BNG de Vigo reclama un plan de tráfico que evite “o caos circulatorio” durante a campaña de Nadal

O BNG de Vigo reclamou este martes ao goberno municipal que implemente un "verdadeiro...