InicioSucesosCondenan a 18 meses de cadea ao autor de falsos alugueres en...

Condenan a 18 meses de cadea ao autor de falsos alugueres en Vigo e que xa tiña numerosas denuncias similares

O xuízo por estes feitos celebrouse o pasado 30 de setembro na cidade olívica, e a Fiscalía pediu para o acusado catro e medio de prisión.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a 18 meses de prisión e ao pago dunha multa de 1.260 euros a Pedro María M.O., como autor dun delito continuado de estafa agravada, tras quedar con máis de 2.000 euros de varios prexudicados aos que fixo crer que ía alugarlles unhas vivendas en Vigo, e dos que recibiu varios pagos en concepto de fianza e reserva.

O xuízo por estes feitos celebrouse o pasado 30 de setembro na cidade olívica, e a Fiscalía pediu para o acusado (inmerso en máis dunha decena de causas por feitos similares) catro e medio de prisión. Durante a vista, Pedro María M.O. negou a estafa e limitouse a dicir que el soamente ofrecía o aluguer de habitacións.

Segundo o relato dunha das vítimas na vista, contactou co acusado a través do seu fillo para concertar o aluguer dunha vivenda na cidade olívica. Mediante mensaxes de teléfono, chegaron a un acordo e a prexudicada ingresoulle un total de 1.420 euros en varias veces, en concepto de reservas e seguro do suposto aluguer.

Con todo, cando chegou o momento de ver o piso, o acusado empezou a pór escusas como que estaba en obras, ou que non podía reunirse coa muller, de maneira que a vítima nunca chegou a ver o piso e tampouco recuperou o seu diñeiro. Coa confianza de que disporía dese piso, abandonou a vivenda na que estaba e, chegado o momento, sen novo aloxamento, viuse “na rúa”, coas súas cousas nun trasteiro, e tendo que pedir un préstamo.

Os outros prexudicados foron un matrimonio que chegou a pagar 700 euros de reserva polo aluguer dunha vivenda, pero o acusado non deixaba de porlles escusas e nunca lla ensinou, quedándose co diñeiro que lles cobrou.

Na súa sentenza, o Tribunal provincial considera que os datos que avalan o testemuño das vítimas son “plurais, unívocos e cun claro sentido incriminatorio”, e o acusado “nunca tivo” a dispoñibilidade das vivendas que ofrecía. “Atopámonos pois ante unha maquinación enganosa do acusado finxindo a dispoñibilidade dunha vivenda tendente a obter o beneficio patrimonial, serviuse o acusado de engano bastante e coetáneo na medida que fixo crer aos prexudicados que ostentaba unha facultade de disposición sobre o inmoble e que, por tanto, podía arrendalo”, expón a Audiencia.

Por iso, consideran ao procesado autor dun delito continuado de estafa agravada, aínda que pola cantidade defraudada (un total de 2.120 euros) entende que é proporcionada a pena de 18 meses de prisión. A resolución non é firme e contra ela pode interpor recurso de apelación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

ÚLTIMAS

Xuízo con tribunal popular para o crime de Coia: o acusado enfróntase a case 22 anos de cárcere por asasinato

O xuízo polo chamado crime de Coia de 2024, que se celebrará con tribunal...

Cardama, avisa: “se Uruguai rompe o contrato das patrulleiras será malo para todo o naval vigués”

O empresario vigués José García Costas, accionista do estaleiro Cardama, advertiu este venres de...

A Xunta nega acoso escolar tras as denuncia no colexio concertado Monterrey: “técnicamente non é”

A familia dunha nena de 5 anos denunciou a falta de actuación do colexio concertado...

Sancionan cinco alumnos do colexio Monterrey en Vigo tras a denuncia da familia dunha nena por suposto acoso

O colexio Monterrey de Vigo abriu cinco "procedementos correctores con sancións" no marco da...