InicioSucesosAtropelo fronte ao CEIP Ramón y Cajal deixa tres feridos en Marqués...

Atropelo fronte ao CEIP Ramón y Cajal deixa tres feridos en Marqués de Valterra

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un accidente de tráfico ocorrido na mañá deste martes na rúa Marqués de Valterra, en Vigo, rematou con tres persoas feridas: unha nai, a súa filla menor e o motorista implicado no suceso. Segundo fontes da Policía Local, o sinistro tivo lugar cando a muller e a nena cruzaban polo paso de peóns situado fronte ao CEIP Ramón y Cajal.

A motocicleta perdeu o control por causas que se investigan e acabou impactando contra a nai e a súa filla. O condutor tamén resultou ferido ao saír despedido e bater contra a beirarrúa. Os servizos de emerxencia desprazáronse de inmediato ao lugar, cortando o tráfico e atendendo ás vítimas, que foron trasladadas ao hospital con prognóstico leve.

Este punto da cidade é especialmente sensible pola alta afluencia de menores nas horas de entrada e saída do colexio. A ANPA do centro leva tempo reclamando medidas de calmado de tráfico, como bandas redutoras de velocidade, para evitar situacións como a vivida hoxe logo de que aumentara o tráfico na zona polos cambios de sentido de circulación na rúa Jacinto Benavente.

ÚLTIMAS

Caballero ameaza con acudir á FIFA e acusa á RFEF, Xunta e Deputación de “confabularse” para deixar a Vigo fóra do Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, remitiu unha carta ao presidente da Real Federación...

Detido en Gondomar tras disparar cunha arma de aire comprimido contra unha muller e atrincheirarse na súa vivenda

A Garda Civil detivo a pasada semana a un home de 52 anos no...

CIG pide un plan para o naval vigués tras as “noticias negativas” sobre San Enrique e Cardama

O sindicato CIG solicita unha reunión coa conselleira de Industria, María Jesús Lorenzana, para...

A Audiencia de Vigo xulga a 11 acusados de fabricar ‘narcolanchas’ en Galicia e Portugal

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle desde...