InicioSucesosTrasladadas dúas persoas por inhalación de fume por mor dun incendio nunha...

Trasladadas dúas persoas por inhalación de fume por mor dun incendio nunha cafetaría na avenida do Alcalde Gregorio Espino

Os bombeiros detallaron que ardera unha freidora.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dúas persoas, unha delas un axente da Policía Local, tiveron que ser trasladadas polos servizos sanitarios por inhalación de fume tras orixinarse un incendio nunha cafetaría en Vigo. Segundo informou o 112 Galicia, un particular púxose en contacto coa central de emerxencias sobre as 12.30 horas para alertar de que se estaba producindo un incendio na cociña dunha cafetaría na avenida do Alcalde Gregorio Espino, en Lavadores.

Con estes datos, os operadores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE) deron aviso aos Bombeiros da cidade, así como á Policía Nacional e á Local. Ademais, tamén se solicitou a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, xa que os servizos de emerxencia desprazados comunicaron que podía haber varios afectados o punto. Finalmente, os profesionais sanitarios trasladaron a dúas persoas, unha delas un axente da Policía Local. Por outra banda, os bombeiros detallaron que ardera unha freidora.

ÚLTIMAS

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...