InicioVal MiñorNigránInvestigado por conducción temeraria e lesións tras atropellar a un vixilante en...

Investigado por conducción temeraria e lesións tras atropellar a un vixilante en Nigrán

PUBLICADO O

- Advertisement -


A Gardaría Civil de Baiona investiga a un mozo de 23 anos, veciño de Ponteareas, como presunto autor de dous delitos de condución temeraria e lesións ocorridos o pasado 27 de xullo no aparcadoiro do centro comercial Nasas de Nigrán.

Os feitos tiveron lugar sobre as 22:50 horas, cando o vehículo, no que viaxaban o condutor e outras dúas persoas, circulaba polo interior do aparcadoiro en sentido contrario e por unha zona prohibida, co obxectivo de abandonar o recinto pola área de entrada de vehículos.

Un vixilante de seguridade, ao decatarse da maniobra, dirixiuse ao condutor para advirtirlle de que circulaba en dirección contraria. O aparcadoiro, segundo sinalan as autoridades, está claramente sinalizado para indicar o sentido de circulación.

O condutor ignorou as indicacións e continuou na mesma dirección, atropelando ao vixilante, que se atopaba diante do vehículo. O impacto derrubouno no chan, causándolle diversas lesións que requiriron atención médica nun centro hospitalario.

Segundo a investigación, o vehículo non detivo a súa marcha en ningún momento nin mostrou intención de auxiliar á vítima, abandonando a zona tras o atropelo.

As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Garda de Vigo, que instrúe o caso.

ÚLTIMAS

Rueda reúnese cos responsables de Conxemar para impulsar o sector da pesca transformada en Galicia

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, celebrou esta semana un encontro na...

Xulgan en Vigo unha muller acusada de estafar 6.800 euros cun falso aviso dun “fillo en apuros”

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...

A RAG abre en Vigo a Semana das Letras Galegas coa proxección dun documental sobre Begoña Caamaño

A Real Academia Galega (RAG) abre este luns en Vigo, cidade natal da homenaxeada...