O Subsector de Tráfico de Pontevedra investiga a tres persoas por un posible ‘pique’ entre dous vehículos que foron captados por un radar móbil cando circulaban a 177 quilómetros por hora na A-55 en Vigo. Segundo informou o Instituto Armado, os feitos producíronse na madrugada do luns día 16 de xuño, cando o radar móbil do Destacamento de Tráfico do Porriño captou, con catro segundos de diferenza, un BMW 320 D circulando a 169 km/h e a un Audi A5 Coupé a 177 km/h. Nese tramo a vía estaba delimitado a 80 km/h.
Polo escaso intervalo de tempo transcorrido, os investigadores barallan que se trate dun ‘pique’ ou mesmo unha carreira ilegal por parte de ambos os condutores. A investigación desenvolvida polo Grupo de Investigación e Análise (GIAT) do Subsector de Tráfico de Pontevedra, culmina coa identificación e investigación de tres persoas implicadas como presuntos autores de senllos delitos contra a seguridade viaria.