InicioSucesosDetido circular de forma temeraria, sen carné, tras dar positivo en drogas...

Detido circular de forma temeraria, sen carné, tras dar positivo en drogas e fuxir dun control policial

PUBLICADO O

- Advertisement -

utor foi detido este fin de semana na parroquia de Chapela, en Redondela, como presunto autor de varios delitos contra a seguridade viaria, tras fuxir dun control policial, circulando de forma temeraria e baixo os efectos da droga, segundo informou a Policía Local de Redondela.

Os feitos ocorreron na madrugada do domingo, cando un dispositivo de Policía Local e Policía Nacional deu o alto a un vehículo que procedía de Redondela e circulaba por Chapela. Nun primeiro momento, o condutor fixo un xesto de deterse, pero cando se achegou aos axentes apagou as luces do coche e emprendeu a fuxida.

O condutor circulou a toda velocidade pola Avenida de Redondela e virou á esquerda polo camiño de subida a Cidadelle, conducindo en sentido prohibido durante uns 200 metros, ata incorporarse ao Camiño Pardal.

Alí, perdeu o control do vehículo e chocou contra un coche estacionado, que fixo de barreira e impediu que o condutor arroiase aos membros dunha familia que estaba a entrar no seu propio vehículo e que tiveron que saltar para non ser atropelados.

O sospeitoso seguiu a súa fuxida ata o final desa rúa, onde se encaixou frontalmente contra o portal dunha vivenda, e onde foi interceptado e detido. Segundo informou a Policía Local, o condutor tiña retirado o permiso de conducir, e deu positivo no test indiciario de drogas. Por iso foi denunciado pola vía penal, por delitos contra a seguridade viaria; ademais, tamén será sancionado por vía administrativa, por desobediencia, por non levar acendidos os faros do coche, por circular en dirección prohibida e polos danos materiais causados.

DETIDO POR ROUBO

Por outra banda, a Policía Local de Redondela tamén informou da detención dun home na tarde do pasado sábado, como suposto autor dun roubo con forza nun domicilio.

Unha dotación policial acudiu a unha vivenda tras ser alertada de que se estaba producindo un roubo. Unha vez no lugar, os axentes observaron que había unha xanela forzada e, ao entrar, sorprenderon ao ladrón nun corredor do domicilio. O home foi detido e trasladado á Comisaría da Policía Nacional.

ÚLTIMAS

Vigo, epicentro dunha folga xeral con numerosas mobilizacións en toda Galicia

Os traballadores galegos están convocados este mércores 11 de novembro a secundar unha folga...

Disney+ desembarca no Nadal de Vigo cunha experiencia inmersiva gratuíta e “única”: así será a nova atracción do centro da cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que Disney+ instalará na rúa Policarpo Sanz...

O PP de Vigo acusa a Caballero de “vetar” un aumento da partida de vivenda

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, acusou o alcalde, Abel Caballero, de...

Acepta 10 meses de prisión por insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo por dicir que “ía nunha patera”

Un home acusado dun delito contra os dereitos fundamentais e contra a integridade moral...