InicioSucesosDenunciados dous motoristas en Vigo que circulaban baixo os efectos do alcol...

Denunciados dous motoristas en Vigo que circulaban baixo os efectos do alcol e sen ITV

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo denunciaron nos últimos días a dous motoristas que circulaban baixo os efectos do alcol, e sen pasar a preceptiva ITV. Ademais, un deles tampouco tiña en vigor o permiso de conducir.

A primeira intervención produciuse o pasado venres de madrugada, cando unha dotación da unidade SINTRA (Servizo de Inspección de Transportes) que se atopaba na rúa Tomás Alonso observou unha motocicleta que circulaba de forma errática.

Os axentes deron o alto ao condutor, M.S.G.R., de 51 anos de idade, e realizáronlle o test de alcoholemia, que deu resultado positivo de 0,88 e 0,81 mg/l, o que excede o límite penal. Por iso, foi denunciado por un delito contra a seguridade viaria.

Ademais, foi sancionado tamén por vía administrativa, xa que os policías comprobaron que a motocicleta tiña a ITV caducada desde o ano 2011. Igualmente, o permiso B do condutor tampouco está en vigor desde xaneiro de 2024.

Nunha segunda intervención, este domingo de madrugada, outra unidade do SINTRA interceptou outra motocicleta na rúa Magallanes ao comprobar, tras cotexar a matrícula, que tiña a ITV caducada desde 2020. Por iso, identificouse o condutor, G.F.A. de 47 anos de idade e, dado que presentaba síntomas de embriaguez, fíxoselle o test de alcoholemia, que deu resultado positivo de 0,95 e 0,91 mg/l, o que excede o límite. Así, o home foi denunciado por vía penal e por vía administrativa.

ÚLTIMAS

Caballero di agora que “pide que o Goberno de España pague” parte das obras necesarias para ser sede do Mundial

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, dixo este mércores que el "pide que o...

“Non permitiremos un réxime do medo”, sindicatos e movementos sociais condenan o ataque á sede de UGT de Vigo

Sindicatos, movementos sociais e partidos políticos de esquerda volveron condenar este mércores o ataque...

O cidadán “exemplar” de Vigo: entrega á Policía 400 euros que atopou no caixeiro

Un cidadán entregou á Policía Nacional 400 euros que atopara na rañura dun caixeiro...

O RC Celta de Vigo multado con 5.000 euros por vender alcol nos palcos VIP

A Comisión Permanente da Comisión Estatal contra a Violencia, o Racismo, a Xenofobia e...