InicioSucesosInvestigan a tres mulleres como presuntas autoras de dous furtos no centro...

Investigan a tres mulleres como presuntas autoras de dous furtos no centro comercial de Nigrán

Lograron roubar uns 2.600 euros en compras.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A área de Investigación da Garda Civil de Baiona-Nigrán investiga a tres mulleres como presuntas autoras de dous delitos de furto nun coñecido centro comercial de Nigrán. O primeiro dos furtos tivo lugar o pasado 16 de xaneiro, cando, supostamente, as mulleres entraron no establecemento, cargaron varios carros de compra con numerosos efectos e saíron sen pagar. O segundo deles produciuse o 23 de xaneiro, onde volveron repetir o modus operandipodendo ascender o valor do furtado a 2.600 euros en total.

Unha vez recollidas as denuncias, inícianse as primeiras investigacións que conclúen coa identificación das tres mulleres. O pasado día 25 de xaneiro o Servizo de Seguridade do Centro Comercial solicitaba a presenza dunha patrulla da Garda Civil, xa que detectaran de novo a presenza destas sospeitosas. A patrulla acudiu ao lugar e identificou as tres mulleres, de 46, 39 e 35 anos, con domicilio en Vigo. Ás tres cónstanlles antecedentes policiais por feitos semellantes.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...