InicioSucesosDetido na rúa Manuel Núñez tras agredir á súa parella, á que...

Detido na rúa Manuel Núñez tras agredir á súa parella, á que lle arrebatou o teléfono móbil

O home foi detido e, ao ser conducido ao vehículo policial, tratou de dar un cabezazo a un dos axentes, polo que tivo que ser reducido.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, de 33 anos de idade, D.B.D.S., natural de Brasil, como presunto autor dun delito de violencia de xénero, tras agredir supostamente á súa parella, á que lle arrebatou o teléfono móbil. Os feitos ocorreron na madrugada de Noitevella, cando o 092 recibiu unha chamada alertando da presenza dunha muller nun local da rúa Manuel Núñez, onde se refuxiou para fuxir da súa parella por unha suposta agresión.

Cando chegaron os axentes, a vítima relatou que estando no domicilio a súa parella quitáralle o teléfono para visionar o contido dunha aplicación e que ela tratara de recuperalo. Ante isto, o home deulle un forte tirón de pelo, que a desprazou sobre a cama, e ela saíu fuxindo da vivenda para refuxiarse no local.

Os policías foron ao domicilio e alí atopáronse co suposto agresor, que negou os feitos, aínda que os funcionarios atoparon o teléfono da muller tirado no chan da habitación e coa pantalla rota. O home foi detido e, ao ser conducido ao vehículo policial, tratou de dar un cabezazo a un dos axentes, polo que tivo que ser reducido. Ademais, no seu traslado a dependencias policiais, foi golpeándose contra o biombo do coche patrulla.

ÚLTIMAS

Falece Gonzalo Caballero Álvarez, irmán do alcalde de Vigo e pai do exlíder do PSdeG e

Gonzalo Caballero Álvarez, pai do exsecretario xeral do PSdeG Gonzalo Caballero Míguez e irmán...

Un choque de dúas lanchas remata con dous feridos en Baiona

Dúas lanchas motoras chocaron este mércores no porto deportivo de Baiona e deixaron dúas...

A Universidade de Vigo aproba o convenio para descentralizar Medicina baixo a ameaza dunha “cláusula de saída”

O consello de goberno da Universidade de Vigo (UVigo) aprobou este martes por asentimento...

Dúas persoas feridas nun choque entre dúas lanchas motoras no porto de Baiona

Dúas persoas resultaron feridas este mércores ao chocar dúas lanchas motoras en Baiona, segundo...