InicioSucesosTres excarcerados tras o choque de dous vehículos na A-55 en Mos

Tres excarcerados tras o choque de dous vehículos na A-55 en Mos

PUBLICADO O

- Advertisement -

Tres persoas tiveron que ser excarceradas nun aparatoso accidente entre dous coches ocorrido na A-55, ao seu paso polo termo municipal de Mos. Segundo informa o 112 Galicia, ocorreu sobre as 14.20 horas da tarde no quilómetro 14 da citada estrada, concretamente na parroquia de Sanguiñeda, en sentido cara a Tui.

Tras recibir o aviso, a central de emerxencias pasou o aviso aos bombeiros de Baixo Miño, ao GES de Mos, a Urxencias Sanitarias-061, á Policía Local e á Garda Civil. Pola situación na que quedou un dos coches implicados, os bombeiros tiveron que empregar material de excarceración para rescatar a tres feridos e que puidesen ser evacuados a un centro hospitalario.

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...