InicioSucesosUn veciño de Redondela detido por arremeter contra dous axentes durante unha...

Un veciño de Redondela detido por arremeter contra dous axentes durante unha intervención policial

Os feitos ocorreron a pasada madrugada, cando axentes de Policía Local e de Policía Nacional foron requiridos para acudir a un establecemento do centro urbano de Redondela, onde un dos clientes estaba a causar molestias ao resto

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Redondela informou da detención dun veciño desta localidade como suposto autor dun delito de atentado contra axentes da autoridade, por arremeter contra os funcionarios policiais que participaban nunha intervención.

Os feitos ocorreron a pasada madrugada, cando axentes de Policía Local e de Policía Nacional foron requiridos para acudir a un establecemento do centro urbano de Redondela, onde un dos clientes estaba a causar molestias ao resto.

Ao chegar, a persoa referida comportouse de forma agresiva, sen colaborar cos axentes nin acceder a identificarse, a pesar de ser requirido en varias ocasións.

Nun momento dado, o home arremeteu contra os policías, e causou lesións a dous axentes, un de Policía Local e outro de Policía Nacional.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Suspendido o transporte de ría en Vigo polas malas condicións meteorolóxicas

As navieras que operan as liñas de transporte na ría de Vigo, entre o...

Grandes colas na entrada e saída de Vigo tras varios accidentes

Varios accidentes de tráfico á primeira hora da mañá na AP-9V en sentido saída...