InicioSucesosDetidos dous mozos de Nigrán e Mos como supostos autores de 7...

Detidos dous mozos de Nigrán e Mos como supostos autores de 7 roubos no Val Miñor

Nun comunicado, a Benemérita informou de que os feitos ocorreron entre os meses de outubro e novembro en cinco bares situados nas zonas de Praia América e Ramallosa e en dúas vivendas de Nigrán. Por eles tamén se investiga a outra persoa de 26 anos de idade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo a dous mozos, de 23 e 35 anos de idade con domicilio en Nigrán e Mos, como presuntos autores de sete roubos con forza en establecementos de hostalaría e vivendas na comarca do Val Miñor. Nun comunicado, a Benemérita informou de que os feitos ocorreron entre os meses de outubro e novembro en cinco bares situados nas zonas de Praia América e Ramallosa e en dúas vivendas de Nigrán. Por eles tamén se investiga a outra persoa de 26 anos de idade.

A investigación comezou a finais de outubro, cando unha patrulla foi alertada dun roubo no interior dun establecemento de Nigrán, onde foi detido un dos presuntos autores cando tentaba abandonar o lugar nun vehículo. Precisamente no interior do mesmo había ferramentas eléctricas, xoias e roupa procedentes de roubos perpetrados antes en dúas vivendas, así como varios desaparafusadores e unha panca, “útiles empregados polos presuntos autores dos feitos na comisión dos roubos”.

“Esta actuación policial serve de base para a apertura da Operación Praia América, no curso da cal e tras distintas pescudas, procédese á detención o 29 de outubro doutro dos presuntos autores dos feitos e á investigación, o 20 de novembro, doutro deles como presunto coautor dos mesmos feitos”, subliñou a Garda Civil. Danse as circunstancias de que dúas destas persoas xa tiñan antecedentes por delitos similares. As dilixencias instruídas e os detidos quedaron a disposición do Xulgado de Garda de Vigo.

ÚLTIMAS

Alertan do aumento dos discursos de odio cara as persoas sen fogar en Vigo

A Fundación Érguete-Integración alertou este venres do aumento da aporofobia en Vigo e reclamou...

SOS Sanidade Pública pide unha unidade de Grandes Queimados en Vigo “referente” para todo o sur de Galicia

SOS Sanidade Pública reclamou a creación dunha unidade de Grandes Queimados en Vigo que...

Municións, 20 quilos de haxix e máis de medio millón na desarticulación dunha banda criminal en Vigo e Ponteareas

A Policía Nacional desartellou unha rede de tráfico de drogas nun operativo con 6...

Atopan nas proximidades da ponte de Rande o corpo do home desaparecido en Redondela (Pontevedra)

Un equipo do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil e un...