InicioSucesosUnha persoa queda atrapada no interior do seu vehículo ao chocar contra...

Unha persoa queda atrapada no interior do seu vehículo ao chocar contra un farol na Avenida Arquitecto Antonio Palacios

Segundo informou o 112, pasados cinco minutos das 14.00 horas, o 112 recibiu a chamada dun particular informando dun coche que chocara contra un farol.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha persoa quedou atrapada este xoves no interior do seu vehículo ao chocar contra un farol en Vigo. O vehículo quedou envorcado debido á colisión. Segundo informou o 112, pasados cinco minutos das 14.00 horas, o 112 recibiu a chamada dun particular informando dun coche que chocara contra un farol na Avenida Arquitecto Antonio Palacios, en Vigo.

Na súa comunicación xa indicaba que podería haber persoas atrapadas no interior do vehículo. De inmediato, desde a sala de operacións do 112 Galicia informouse o suceso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Vigo, aos axentes da Policía Local e aos efectivos de Protección Civil. Con todo, os bombeiros tiveron que empregar o seu material de excarceración para liberar ao ferido.

ÚLTIMAS

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...