InicioVal MiñorNigránO 112 mobiliza bombeiros de Bueu para apagar dous coches ardendo en...

O 112 mobiliza bombeiros de Bueu para apagar dous coches ardendo en Nigrán, a 50 Km

O parque de bombeiros de Porriño hoxe estaba pechado por falta de persoal mínimo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Esta mañá, ao redor das 10:30 horas, produciuse un incendio no aparcamento do Centro Comercial Nasas Nigrán, situado no polígono de Porto do Molle, que resultou na destrución total de dous vehículos. O sinistro non causou danos persoais, pero xerou gran expectación entre os clientes e empregados do centro comercial.

O incidente comezou cando un Citroën ZX, estacionado preto da entrada da tenda Decathlon, incendiouse por razóns aínda non determinadas. As chamas propagáronse rapidamente, afectando a un Renault Megane aparcado na praza contigua. Ambos os vehículos quedaron completamente calcinados e inservibles.

Os propietarios dos automóbiles atopábanse realizando compras no interior do centro comercial cando se iniciou o lume. Foron os traballadores dos establecementos próximos e algúns clientes quen deu a voz de alarma e trataron de controlar o incendio con extintores mentres esperaban a chegada dos servizos de emerxencia.

Ás 10:40 horas, o 112 Galicia recibiu a chamada de alerta sobre o incendio. Inmediatamente, activáronse os protocolos de emerxencia, mobilizando ao Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) Val Miñor, os bombeiros do Morrazo, a Policía Local de Nigrán e a Garda Civil.

Durante o incidente, produciuse unha pequena explosión nun dos vehículos, o que causou certo pánico entre os presentes. Este momento foi captado polas cámaras das testemuñas que se atopaban nas inmediacións.

A rápida resposta dos traballadores do centro comercial e dos clientes permitiu que se puidesen retirar outros vehículos estacionados nas prazas adxacentes, evitando así que resultasen afectados polo lume.

Aínda que as causas exactas do incendio aínda están baixo investigación por parte da Policía Local e a Garda Civil, as primeiras impresións dos bombeiros do GES Val Miñor apuntan a un posible fallo eléctrico no Citroën ZX como orixe do lume, descartando inicialmente que fose un acto intencionado.

O Val Miñor, sen capacidade para ofrecer un servizo de emerxencias por falta de persoal

Os problemas de persoal que arrastra a xestión do GES Val Miñor dependente da mancomunidade do Val Miñor fan que o servizo sexa meramente presencial con 1 bombeiro de garda nalgúns casos, o que obriga ao 112 a mobilizar medios dende Porriño, O Baixo Miño e Vigo. Unhas intervencións que tardan en chegar máis de 30 minutos, mentras o lume devora os elementos afectados.

O parque de bombeiros de Porriño hoxe estaba pechado por falta de persoal mínimo.

ÚLTIMAS

O Celta-Xetafe desta fin de semana, de alto risco

A Comisión Permanente da Comisión Estatal contra a Violencia, o Racismo, a Xenofobia e...

Caballero reclama á Deputación de Pontevedra 6,25 millóns en investimentos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu en reclamar á Deputación de Pontevedra investimentos...

Ordenan prisión para o home que quixo queimar a casa da súa exmuller en Tomiño coa súa filla dentro

O xulgado de instrución número 1 de Tui acordou o ingreso en prisión provisional,...

Arremeten contra unha xornalista no terceiro intento de desaloxo da casa ocupada na rúa Pardavila

Unha muller que estaba a ser desaloxada dunha casa ocupada desde hai anos en...