InicioVal MiñorNigránArquivada a causa contra o condutor do bus de Monbus onde faleceu,...

Arquivada a causa contra o condutor do bus de Monbus onde faleceu, entre outros, o mozo de Nigrán

A deterioración do tacógrafo impediu coñecer a velocidade exacta á que ía o autobús no momento do accidente

PUBLICADO O

- Advertisement -

xulgado de instrución número 1 de Pontevedra rexeitou o recurso presentado por familiares de vítimas do accidente do bus que se saíu da vía e caeuse ao río Lérez en Cerdedo-Cotobade, en Noiteboa de 2022, e reafirmouse na súa decisión de arquivar a causa penal contra o condutor do autocar, que estivo investigado por 7 homicidios imprudentes. Fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmaron que o xulgado desestimou o recurso, aínda que os familiares presentaron un recurso de apelación, que agora terá que resolver a Audiencia Provincial de Pontevedra.

O pasado mes de xuño a xuíza de instrución decretou o sobresemento da causa contra o chofer do bus, ao entender que non hai indicios da comisión dunha imprudencia grave ou menos grave; e iso a pesar do informe pericial da Garda Civil que apuntou a un exceso de velocidade como causa do sinistro, sumado ás malas condicións meteorolóxicas. Así, unha vez analizados os informes e escoitados aos dous únicos superiventes (o condutor e unha viaxeira), a xuíza de instrución decretou o arquivo da causa, lembrando que o propio informe da Garda Civil non puido determinar con exactitude a velocidade á que circulaba o vehículo nese tramo, xa que a deterioración do tacógrafo impediu obter ese dato.

“Se non se sabe a que velocidade circulaba o condutor no momento do sinistro, pero si se sabe que a velocidade media durante o traxecto desde a última parada foi de 66 km/h, non se entende por que se afirma rotundamente que o condutor non adecuara a velocidade do seu vehículo cando as condicións meteorolóxicas e do firme eran moi adversas, cando xa o fixo antes”, argumentou a maxistrada.

ÚLTIMAS

Caballero ameaza con acudir á FIFA e acusa á RFEF, Xunta e Deputación de “confabularse” para deixar a Vigo fóra do Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, remitiu unha carta ao presidente da Real Federación...

Rueda celebra a conexión de Stellantis á rede de moi alta tensión e a “rectificación” do Goberno central

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, trasladou este luns a súa satisfacción tras o...

Detido en Gondomar tras disparar cunha arma de aire comprimido contra unha muller e atrincheirarse na súa vivenda

A Garda Civil detivo a pasada semana a un home de 52 anos no...

CIG pide un plan para o naval vigués tras as “noticias negativas” sobre San Enrique e Cardama

O sindicato CIG solicita unha reunión coa conselleira de Industria, María Jesús Lorenzana, para...