InicioSucesosA comisión de festas de Matamá di que a súa documentación estaba...

A comisión de festas de Matamá di que a súa documentación estaba en orde: “Pechar atraccións non é competencia nosa”

Así o sinalou o seu presidente, Cristian González, quen subliñou que xa a finais de xuño eles pediron os permisos necesarios para realizar a festa, que lle foron concedidos. Cada aparello ten que enviar o seu propio papelorio, entre o cal se atopa o proxecto da atracción, o seu manual de funcionamento e o seu libro de operacións.

PUBLICADO O

- Advertisement -

comisión de festas da parroquia viguesa de Matamá, onde a pasada fin de semana un mozo perdeu a vida tras producirse un accidente no Saltamontes, asegura que a documentación que dependía deles estaba en orde: “Pechar atraccións non é competencia nosa”. Así o sinalou o seu presidente, Cristian González, quen subliñou que xa a finais de xuño eles pediron os permisos necesarios para realizar a festa, que lle foron concedidos. Estes son, a ocupación temporal do viario público e a declaración responsable.

Pola súa banda, segundo indicou en declaracións a Europa Press, cada aparello ten que enviar o seu propio papelorio, entre o cal se atopa o proxecto da atracción, o seu manual de funcionamento e o seu libro de operacións. A finais de xullo, o Concello informou á comisión de que o Saltamontes non enviara toda a documentación. Así, a organización deu traslado aos donos da devandita atracción, que tamén foran alertados polo goberno local.

“O xoves 1 chega ás 22.00 horas outro aviso de que a documentación está incompleta e volvemos dicirllo ao Saltamontes, quen nos di que llo transmitirá á súa xestoría para que envíe o documento”, engadiu González. “A partir de aí, nós non temos máis notificacións. A nosa preocupación é ter o permiso da festa e conseguímolo para poder facela. Pechar atraccións non é competencia nosa”, reivindicou o presidente da comisión, quen dixo que ese Saltamontes levaba varios anos acudindo ás festas de Matamá.

Cristian González volveu a trasladar unha mensaxe de ánimo á familia do falecido, Iván Castaño de 35 anos de idade. El mostrou a dor da comisión, que a “única ilusión que tiña era facer unhas grandes festas”. Visiblemente emocionado, González lamentou a traxedia e agradeceu o apoio recibido polos veciños nos últimos días, subliñando que a comisión está formada por nove mozos que sufriron na súa pel esta situación. “Esperamos que se esclareza o ocorrido para que non volva pasar”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Piden case 5 anos de cárcere para un acusado de agresión sexual a un menor

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acollerá este...

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...