InicioSucesosDoce feridos atropelados por un nonaxenario que invadiu unha terraza na rúa...

Doce feridos atropelados por un nonaxenario que invadiu unha terraza na rúa Rosalía de Castro cando intentaba aparcar

Tal e como informou o 112 Galicia, os feitos sucederon sobre as 15.15 horas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Doce persoas resultaron feridas despois de que un vehículo conducido por un nonaxenario invadise a terraza dun establecemento hostaleiro situado na rúa Rosalía de Castro, en Vigo, cando realizaba unha manobra para aparcar. Segundo fontes consultadas por Europa Press, aínda que non se teme pola vida de ningún dos feridos, cinco tiveron que ser trasladados a diferentes centros hospitalarios da cidade olívica, mentres que o resto foron atendidos no punto.

Tal e como informou o 112 Galicia, os feitos sucederon sobre as 15.15 horas. Nese momento, varios particulares alertaron á central de emerxencias deste incidente. Fontes policiais confirmaron que o condutor do vehículo é un home duns 90 anos que se subiu á beirarrúa mentres realizaba unha manobra para estacionar marcha atrás. Ata o lugar, ademais dos profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, desprazáronse efectivos da Policía Local, dos Bombeiros de Vigo e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.

ÚLTIMAS

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...

O Xuíz pide á Policía Local todos os informes sobre intervencións na atracción Saltamontes en Coia e Balaídos “en anos anteriores”

O tribunal de instancia, sección de instrución, praza 3 de Vigo, que investiga o...

Rueda presenta en Vigo 172 vivendas protexidas e 37,2 millóns de investimento

A Xunta licitou a construción dun novo edificio na ampliación do barrio vigués de...