InicioSucesosReabren o caso da moza violada nas festas de San Campio, no...

Reabren o caso da moza violada nas festas de San Campio, no Porriño

A aparición de probas de ADN dos violadores fixo que o xulgado, que pechara o caso, o volvera a abrir.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado de instrución 2 do Porriño  ditou un auto no que ordena a práctica dunha nova dilixencia no caso da moza que foi violada en xullo de 2023, durante a celebración das festas de San Campio no Porriño, para cotexar o ADN do seme achado na roupa da vítima, así como outros perfís atopados en diversos indicios que foron analizados polo Instituto Nacional de Toxicoloxía.

Este caso fora arquivado polo xulgado e, de feito, non se puido identificar aos dous homes que participaron na agresión sexual a esta moza, de 19 anos de idade. No seu momento, a Garda Civil difundira os retratos robot dos sospeitosos, pero as pescudas non obtiveron froitos.

Igualmente, os investigadores solicitaron ao xulgado poder coñecer os teléfonos móbiles que se conectaron ás antenas próximas, nesa noite de festa, con gran aglomeración de xente (actuaba a orquestra Panorama) pero o xulgado non autorizou esa dilixencia. Tamén a avogada da moza, Paula Diéguez, solicitou permiso para ese procedemento, e igualmente foi denegado (decisión que logo ratificou a Audiencia de Pontevedra).

Así as cousas, e ante a imposibilidade de localizar a ningún sospeitoso e sen outros resultados nese momento, o xulgado arquivou o procedemento, pero a chegada dos resultados das probas de ADN fixeron que o xulgado reabra o caso.

A Garda Civil recolleu diversos indicios no galpón onde ocorreu a agresión sexual e nas súas inmediacións, e igualmente analizáronse os restos de seme localizados na roupa da moza. Agora o xulgado ordenou que se inclúan eses perfís nas bases de datos policiais, para cotejarlos cos que xa existen e comprobar se hai algunha coincidencia.

Igualmente, tras ordenar esta dilixencia, o xulgado optou por volver arquivar provisionalmente a causa, á espera de que cheguen os resultados dese cotejo.

ÚLTIMAS

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...

O BNG volve pedir a retirada do busto de Juan Carlos I da entrada do Concello de Vigo

O BNG de Vigo volveu a reclamar este luns a retirada "permanente e definitiva"...

Detido en Vigo por ameazar cun coitelo a outro home durante unha pelexa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 25 anos de...