InicioSucesosUn vigués enfróntase a dous xuízos esta semana por dous delitos de...

Un vigués enfróntase a dous xuízos esta semana por dous delitos de estafa

Piden para el ata 3 anos e medio de cárcere.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un vigués enfróntase esta semana a dous xuízos distintos por dous delitos de estafa, solicitando Fiscalía para el penas que suman ata 3 anos e medio de prisión.

Ambas as vistas levarán a cabo na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo. A primeira delas será este mesmo martes, día 11 de xuño, a partir das 10.30 horas. Na mesma, o procesado, con antecedentes penais non computables, é acusado dun delito de estafa ao vender, a través da páxina web da súa empresa, un acumulador por case 600 euros, que nunca foi entregado ao comprador.

O outro xuízo celebrarase a partir das 10.00 horas do mércores, día 12 de xuño. Nel, ademais deste home e outra compañía da que era responsable, tamén están acusados outro home e a súa respectiva empresa.

Ambos, unidos por unha relación profesional e “guiados polo ánimo de obter un inmediato e ilícito beneficio patrimonial e sen ningunha intención inicial de cumprir co compromiso adquirido” fixeron crer a dous clientes que instalarían unha vitrina refrixeradora nun supermercado. Este suceso tamén ocorreu en 2021.

Para iso, solicitaron o pago por adiantado da metade do produto, uns 7.250 euros dos case 14.500 euros que custaba. Con todo, unha vez realizado o pago, nunca o enviaron nin o instalaron.

ÚLTIMAS

A cocaína localizada nun colector portuario este martes estaba oculta nun dobre fondo: 520 quilos en 432 paquetes

Os máis de 500 quilos de cocaína localizados nas últimas horas nun colector no...

Caballero reta a Rueda a conseguir “do seu amigo” Luís Montenegro, primeiro ministro luso, o compromiso co AVE en 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este martes en que o Goberno de España...

A Xunta defende o seu traballo na illa de San Simón logo das críticas do Concello de Pontevedra

A Xunta de Galicia reivindicou que "cumpre cos termos" da concesión demanial e do...

Un xulgado Social emite a primeira sentenza ditada en Vigo con uso do sistema de adaptación á lectura fácil

O Xulgado do Social número 2 de Vigo ditou unha sentenza pioneira na cidade ao utilizar...