InicioSucesosIdentificadas dúas persoas por extraer ilegalmente cinco quilos de ameixas nunha praia...

Identificadas dúas persoas por extraer ilegalmente cinco quilos de ameixas nunha praia de Teis

Os moluscos foron devoltos ao seu hábitat

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo identificou a dúas persoas que foron sorprendidas extraendo ameixa de forma ilegal nunha praia do barrio de Teis, e a quen se lles interviñeron cinco quilos deste molusco.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na mañá do pasado 4 de xuño, cando unha patrulla de motoristas do 092 observou a dúas persoas mariscando nunha praia próxima ao Camiño do Laranxo.

Ao pedirlles a autorización, estas persoas non achegaron permiso algún, polo que foron identificadas para a correspondente denuncia ante a Consellería do Mar.

Así mesmo, os axentes comisaron os aparellos de pesca que estaban a usar e un total de 5 quilos de ameixas, que foron devoltas ao seu hábitat, en coordinación co garda rural da Confraría de Pescadores de Vigo.

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...