InicioSucesosDeteñen en Vigo a un mozo de 18 anos por unha suposta...

Deteñen en Vigo a un mozo de 18 anos por unha suposta agresión sexual e intervéñenlle unha pistola simulada

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron este domingo a un mozo de 18 anos de idade, S.G.B., como presunto autor dun delito de agresión sexual, e interviñéronlle unha pistola simulada.

Segundo informaron fontes policiais, á primeira hora da tarde unha persoa, que se atopaba paseando pola rúa Lirio, chamou ao 092 para alertar de que se cruzou cun home, cuxas características respondían ao novo que esa mesma mañá agredira sexualmente a unha amiga súa.

O requirente relatou que a súa amiga contoulle que a agrediran sexualmente á primeira hora do domingo, e que lle describiu ao presunto autor dos feitos. Unha descrición que se correspondía coa da persoa que acababa de ver.

Unha dotación policial desprazouse á zona e identificou o sospeitoso. Alí comprobaron que a súa aparencia era a mesma que describira a vítima e, ao facerlle un cacheo, atopáronlle no interior dunha riñonera unha pistola simulada modelo HK, que foi intervida.

A Policía procedeu á súa detención como suposto autor dun delito de agresión sexual e tamén deu conta á Subdelegación do Goberno do achado da pistola, posto que está prohibido o porte de armas simuladas na vía pública.

ÚLTIMAS

A Policía Local localiza en Salceda un veciño do Porriño desaparecido desde o xoves

A Policía Local de Salceda de Caselas localizou na tarde deste venres a Vicente...

Conxemar reúne en Vigo expertos internacionais para abordar os retos da pesca antes da apertura da feira

Vigo converterase desde este luns nun dos puntos de encontro internacionais do sector pesqueiro...

Estudantes da UVigo levan ao espazo un experimento para probar cámaras e sensores de radiación

Estudantes da Universidade de Vigo integrados na asociación UVigo SpaceLab conseguiron poñer en órbita o experimento CORTIS, unha...

Unha explosión durante unha voadura nunha canteira do Porriño deixa catro traballadores feridos, un deles grave

Catro traballadores resultaron feridos, un deles de gravidade, nunha explosión rexistrada este venres nunha...