InicioSucesosDeclarado incendio na fábrica de casas de madeira 5Jotas en Candeán

Declarado incendio na fábrica de casas de madeira 5Jotas en Candeán

PUBLICADO O

- Advertisement -

Solicitouse asistencia sanitaria para unha persoa debido a unha crise de ansiedade, mentres que todos os traballadores atópanse no exterior das instalacións.

O 112 Galicia tivo constancia deste incendio xusto despois do mediodía, a través da chamada dun particular: estaba comezando a arder unha nave de construción de madeira situada no Camiño de Chan do Labrador, en Candeán. Pouco despois, múltiples alertadores comezaron a contactar co CIAE-112 Galicia desde diversos puntos do municipio para alertar dunha densa columna de fume de cor negro visible a longa distancia.

Nada máis recibir o aviso, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Vigo e dos axentes da Policía Nacional e, ao mesmo tempo, foron informados as autoridades medioambientais da Xunta de Galicia, a Policía Local e os voluntarios de Protección Civil. No punto tamén colaboran medios do distrito forestal da zona.

Nestes momentos, os servizos de emerxencias continúan traballando no lugar.

Momento do inicio do lume en Candeán. Video cedido Yanka Soto

ÚLTIMAS

Caballero ameaza con acudir á FIFA e acusa á RFEF, Xunta e Deputación de “confabularse” para deixar a Vigo fóra do Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, remitiu unha carta ao presidente da Real Federación...

Rueda celebra a conexión de Stellantis á rede de moi alta tensión e a “rectificación” do Goberno central

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, trasladou este luns a súa satisfacción tras o...

Detido en Gondomar tras disparar cunha arma de aire comprimido contra unha muller e atrincheirarse na súa vivenda

A Garda Civil detivo a pasada semana a un home de 52 anos no...

CIG pide un plan para o naval vigués tras as “noticias negativas” sobre San Enrique e Cardama

O sindicato CIG solicita unha reunión coa conselleira de Industria, María Jesús Lorenzana, para...