InicioSucesosUn raio derruba parte do tellado dunha casa de madeira en Cabral

Un raio derruba parte do tellado dunha casa de madeira en Cabral

Durante a tarde do sábado tamén ardeu por completo unha casa prefabricada en Tomiño.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un raiou derrubou parte dun tellado dunha vivenda de madeira na rúa de Amaro, na parroquia de Cabral, en Vigo, sen causar feridos. Segundo indicou o 112, foi pasadas as 2.30 horas cando un dos residentes do inmoble chamou para indicar que todos estaban ben pero que non tiñan luz e que había importantes danos materiais. A central de emerxencias deu aviso aos bombeiros municipais e á Policía Nacional e Local que se desprazaron ata o punto.

ARDE UNHA CASA PREFABRICADA EN TOMIÑO

Por outra banda, ás 19.00 horas do sábado no lugar da Gandariña, en Tomiño, ardeu por completo unha casa prefabricada que estaba deshabitada. Foi un particular quen chamou ao 112 Galicia para alertar de que estaba a saír fume polo tellado e por baixo da porta da vivenda. Aínda que adoitaba ser frecuentada por algunhas persoas, os servizos de emerxencias comprobaron que non había ninguén no interior e procederon a apagar o incendio. Neste operativo participaron os Bombeiros do Porriño, o GES da Guarda e a Garda Civil.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...