InicioSucesosFalecen dúas persoas nun accidente laboral na Cañiza tras quedar atrapados baixo...

Falecen dúas persoas nun accidente laboral na Cañiza tras quedar atrapados baixo sacos de plástico derretido

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dous operarios, un home e unha muller, faleceron nun accidente laboral no municipio pontevedrés da Cañiza tras quedar atrapados baixo uns sacos de plástico derretido. Segundo informou o 112, foi ao fío das 2.00 horas deste sábado cando un traballador da planta de reciclaxe deu a voz de alarma e indicou que estaban atrapados baixo uns sacos de granza.

O home explicou que estaba noutra zona da planta de reciclaxe de plásticos situada no polígono industrial e, cando se achegou, a situación era xa irreversible. A central de emerxencias mobilizou ao GES-Bombeiros de Ponteareas e ao GES de Ribadavia, así como aos Bombeiros de Baixo Miño, que descartaron intervir tras confirmar cos compañeiros xa desprazados que había medios e recursos suficientes para facer fronte ao rescate.

Pola súa banda, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizou ata o punto unha ambulancia asistencial de SVB e persoal sanitario do PAC da Cañiza. Ademais, no operativo tamén participou a Garda Civil e foron informados os psicólogos do Grupo de Intervención especializada en graves emerxencias e catástrofes.

O CONCELLO DECRETA DOUS DÍAS DE LOITO

O Concello da Cañiza decretou dous días de loito oficial, este sábado e domingo, polos dous veciños, de 42 e 55 anos. Así o declarou o alcalde, Luís Pena, que deu o pésame ás familias, amigos e compañeiros por parte da corporación municipal. As bandeiras dos edificios institucionais ondearán a media hasta.

ÚLTIMAS

Vigo prepara un protocolo ante as inundacións: cortes de tráfico en Balaídos, Citroën e outras zonas de risco

O Concello de Vigo aprobou un novo protocolo permanente de actuación ante episodios de...

O TSXG dálle a razón ao Porriño fronte a Vigo: anula os cobros pola auga da presa de Eiras

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso de apelación presentado...

Competencia detecta indicios de prácticas irregulares no contrato de 470 millóns do bus urbano de Vigo

A contratación pública constitúe un dos principais mecanismos polos que as administracións deciden como...

Orden de busca e captura dunha empregada do fogar que subtraeu xoias por case 75.000 euros dunha vivenda en Vigo

A Quinta Sección da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ordenou a...