InicioSucesosLibres e investigados por lesións dous detidos por agredir a un home...

Libres e investigados por lesións dous detidos por agredir a un home en Vigo, e cravarlle unha tesoira no pescozo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado de instrución número 3 de Vigo decretou a posta en liberdade, en condición de investigados, de dous individuos que foron detidos esta semana pola súa suposta vinculación cunha malleira a un terceiro home, que apareceu gravemente ferido na parroquia de Cabral, cunha tesoira cravada no pescozo.

O xulgado investígaos por un suposto delito de lesións dolosas e impúxolles a prohibición de achegarse á vítima, que está hospitalizada, e a outro home, ao que tamén agrediron e que logrou escapar.

Os feitos ocorreron na parroquia viguesa de Cabral, onde apareceu malferido un home, con diversas lesións e cunha tesoira cravada no pescozo. Os detidos están presuntamente relacionados con esta agresión e tamén co ataque a outra persoa, que acompañaba á vítima, pero que logrou escapar.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...