InicioSucesosAtopan un home morto nas inmediacións do ascensor Halo de Vigo

Atopan un home morto nas inmediacións do ascensor Halo de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O corpo sen vida dun home foi achado na mañá deste mércores nas inmediacións do ascensor Halo de Vigo, na rúa Serafín Avendaño, segundo informaron fontes da Policía Nacional. Os feitos ocorreron sobre as 10.00 horas e a Policía abriu unha investigación, aínda que “nada apunta a que haxa indicios de criminalidade”. Así mesmo, descártase que fose un accidente laboral e está prevista a realización da autopsia este xoves. O ascensor Halo, que comunica o complexo Vialia con Serafín Avendaño, cunha estrutura que sobrevoa a autoestrada AP-9, atopábase valado, xa que aínda non se puxo en funcionamento.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...