InicioSucesosUn detido e cinco investigados por un altercado con disparos ao aire...

Un detido e cinco investigados por un altercado con disparos ao aire en Nigrán, ao tentar botar a uns inquilinos

Detivo ao dono da vivenda polos supostos delitos de violación de morada, ameazas e coaccións

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo a un home e investiga a cinco persoas máis por supostos delitos de violación de morada, ameazas, lesións e coaccións, ao verse implicados nunha pelexa cando tentaban botar dunha vivenda de Nigrán aos inquilinos dun deles.

Os feitos ocorreron na noite deste xoves, cando o propietario dunha vivenda na parroquia de Parada, acudiu á mesma acompañado por varias persoas para botar aos inquilinos aos que lla tiña alugada. Os primeiros indicios apuntan a que o dono quixo rescindir o contrato, ao sospeitar que os seus inquilinos poderían estar subarrendando habitacións.

Á chegada do dono e dos seus acompañantes, produciuse unha disputa no transcurso da cal, o propietario da vivenda realizou varios disparos ao aire cunha arma de tiro deportivo (para a que ten licenza), sen alcanzar a ningunha persoa. Con todo, na refrega varias persoas resultaron lesionadas e unha delas tivo que ser evacuada a un centro hospitalario.

A Garda Civil detivo ao dono da vivenda polos supostos delitos de violación de morada, ameazas e coaccións. Así mesmo, durante a mañá deste venres, os axentes abriron tamén dilixencias de investigación con respecto a outro cinco persoas: unha por violación de morada e coaccións, e as outras catro polos mesmos supostos delitos máis o delito de lesións.

ÚLTIMAS

Rueda sitúa a Delta Vigo como punta de lanza da innovación galega no sector aeroespacial e da defensa

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor este martes o papel de...

Críticas do PP e BNG de Vigo ao novo contrato do transporte urbano ao non incluír máis autobuses

O PP e o BNG de Vigo criticaron este martes o novo contrato do...

A Universidade de Vigo aproba o orzamento máis alto da súa historia con 251,1 millóns para 2026

O Consello Social da Universidade de Vigo (UVigo) ratificou este luns o orzamento da...

Vigo licita o servizo de transporte urbano para os próximos nove anos por case 196 millóns

A xunta de goberno local de Vigo aprobou este luns a licitación do transporte...