InicioSucesosUn camioneiro presta primeiros auxilios a un motorista que chocou contra unha...

Un camioneiro presta primeiros auxilios a un motorista que chocou contra unha árbore no Porriño

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un camioneiro prestou os primeiros auxilios a un motorista ferido despois de chocar contra unha árbore no Porriño. Ao presenciar o accidente, socorreu ao ferido, acolléndoo na cabina do seu vehículo ata que chegaron os servizos sanitarios.

Pouco antes das 22,00 horas do martes, axentes de Tráfico e o camioneiro contactaban co 112 Galicia para informar de que un motorista que circulaba pola A-55, á altura do quilómetro 23, á altura de San Salvador de Budiño, dirección Tui, chocara contra unha árbore. Estaba ferido e totalmente accesible.

Con esta información, os xestores do 112 pasaron ao persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Tamén foron informados os Bombeiros do Porriño, a Policía Local, os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade e o persoal de mantemento da vía.

Unha vez no punto, os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil comunicaron ao 112 de que o ferido xa fora evacuado polo persoal sanitario, que o trasladou ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Igualmente, indicaron que o persoal de mantemento xa cortara e retirara a árbore, aínda que permanecían no punto á espera dun guindastre para retirar a moto accidentada.

ÚLTIMAS

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...