InicioVigo e contornaO PorriñoInvestigase a aparición do cadáver dunha muller tras un colector nun polígono...

Investigase a aparición do cadáver dunha muller tras un colector nun polígono industrial do Porriño

O corpo presenta signos de violencia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil investiga a aparición do cadáver dunha muller, con signos de violencia, oculto tras un colector, preto das instalacións da ITV no polígono das Gándaras, no Porriño. Segundo informaron fontes da Garda Civil e do 112, o achado produciuse sobre as 17,00 horas deste xoves, e o corpo estaba oculto entre uns colectores e o muro dunha leira.

Outras fontes consultadas por Europa Press precisaron que o corpo tiña aparencia de ser “depositado” alí. A muller está sen identificar, pero o corpo presenta signos de morte violenta. Un transportista que parou na zona decatouse de que había algo detrás dos colectores e, tras descubrir o corpo, el e outros viandantes enseguida chamaron a Emerxencias e acudiron a pedir axuda a un taller próximo. Ata o lugar desprazáronse efectivos do 061, axentes da Policía Local e da Garda Civil, que se fixeron cargo da investigación. A zona está acordoada.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...