InicioSucesosUnha colisión por alcance entre dous coches en Redondela deixa unha persoa...

Unha colisión por alcance entre dous coches en Redondela deixa unha persoa en cadeira de rodas ferida

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha colisión por alcance entre dous vehículos rexistrada este mércores no municipio de Redondela saldouse cunha persoa ferida, que tivo que ser excarcerada. Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o sinistro tivo lugar sobre as 10.45 horas no quilómetro 1 da PO-250, á altura da parroquia de Reboreda.

O 112 tivo constancia do accidente por unha chamada do 061, que acudiu ao lugar e alertou de que unha persoa implicada na colisión non podía saír polos seus propios medios do vehículo. Trátase dunha persoa usuaria de cadeira de rodas e que foi liberada polos bombeiros de Redondela. Ao lugar tamén acudiu a Policía Local e alertouse aos bombeiros do Porriño, que finalmente non chegaron a intervir. A persoa ferida, tras ser liberada, foi evacuada en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...