InicioSucesosAchan restos óseos humanos baixo o antigo hotel Praia América de Nigrán

Achan restos óseos humanos baixo o antigo hotel Praia América de Nigrán

Os operarios que se atopaban realizando obras de instalación dun ascensor no antigo hotel Praia América, que agora é unha comunidade de veciños, atoparon o que parecen ser, restos óseos humanos. A investigación atópase en proceso.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os operarios que se atopaban realizando obras de instalación dun ascensor no antigo hotel Praia América de Nigrán, que agora é unha comunidade de veciños, atoparon o que parecen ser restos óseos humanos. Segundo confirmaron fontes policiais a Europa Press, foi o venres cando se produciu o achado durante os traballos no oco do ascensor e inmediatamente os operarios chamaron á Garda Civil para informar do sucedido.

Actualmente, os ósos están en posesión do servizo de criminalística para poder identificar o achado e por tanto, atópase en proceso de investigación. O edificio foi fundado nos anos 30 polo empresario e emigrante en Arxentina, Manuel Lemos. Primeiramente, o inmoble empezou a funcionar como un centro social denominado o ‘Pavillón Bleu’. Posteriormente o edificio denominouse hotel Praia América e despois foi transformado para uso residencial.

ÚLTIMAS

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...

O ADN dá un xiro ao crime do Porriño: arquivada provisionalmente a causa contra o único investigado polo asasinato de Judith M.G.

As probas de ADN realizadas polo Instituto Nacional de Toxicoloxía no marco da investigación...

Vigo reorganiza o Entroido polo mal tempo e avisa: “Que treme Río de Janeiro”

O Concello de Vigo actualizou a súa programación de Entroido debido ás condicións meteorolóxicas...