InicioSociedadeEstable dentro da gravidade un bombeiro ferido por unha árbore ao atender...

Estable dentro da gravidade un bombeiro ferido por unha árbore ao atender unha emerxencia na rúa da Maceiriña

O goberno municipal abrirá esta tarde o pavillón do Carme, tanto o ximnasio como a piscina, así como a circulación na rúa do Carme e no primeiro tramo de Cesáreo González, que se pecharon este pasado xoves polas consecuencias do temporal. As pistas de tenis de Samil continuarán pechadas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un bombeiro do parque de Teis de Vigo resultou ferido por unha árbore nas últimas horas mentres atendía unha emerxencia na rúa da Maceiriña, polo que na actualidade atópase hospitalizado e con prognóstico estable dentro da gravidade. Tal como informou o goberno local, os bombeiros tiveron que intervir nas últimas 24 horas en máis de 50 incidencias provocadas polo temporal, sendo na súa maioría caídas de árbores e cableado na vía pública, así como desprazamentos de colectores.

Nun destes incidentes, un bombeiro resultou ferido por unha árbore, tendo que ser derivado a un centro hospitalario da cidade, onde continúa ingresado. A choiva e o vento das últimas horas tamén provocaron que o Concello suspendese as visitas teatralizadas ao cemiterio de Pereiró programadas para a fin de semana. Tamén celebrará o domingo 3 de decembro a ruta Camiño a Camiño programada para este domingo, día 5 de novembro. Ademais, suspéndense as actividades previstas en VigoZoo estes días.

Por outra banda, o goberno municipal abrirá esta tarde o pavillón do Carme, tanto o ximnasio como a piscina, así como a circulación na rúa do Carme e no primeiro tramo de Cesáreo González, que se pecharon este pasado xoves polas consecuencias do temporal. A actividade nestas instalacións retómase tras intervir na cuberta das mesmas, aínda que quedan pendentes máis traballos que se realizarán “proximamente”. Con todo, a actividade deportiva nas pistas de tenis de Samil quedou anulada.

ÚLTIMAS

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...

Roubo “sacrílego” de cálices, copones, patenas e unha xerra nunha igrexa de Nigrán

A Diocese de Tui-Vigo lamentou o roubo rexistrado o pasado mércores na igrexa de...