InicioSucesosDeclarado un novo incendio na antiga nave de Massó en Cangas, o...

Declarado un novo incendio na antiga nave de Massó en Cangas, o segundo en menos dunha semana

A principal hipótese apunta a que se tratou dun incendio intencionado, xa que as instalacións non teñen corrente nin actividade e o clima era chuvioso. Este lume prodúcese apenas unha semana despois doutro incendio en Massó, que calcinou as oficinas da nave. Ademais, no mes de agosto rexistrouse un suceso similar na gardaría anexa á planta.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un novo incendio rexistrado na antiga nave da conserveira Massó, en Cangas, calcinou material almacenado dentro das instalacións, que se atopan tapiadas desde hai meses e que xa sufriron outro lume a semana pasada. Segundo informou o 112 Galicia, foi sobre as 22.20 horas deste pasado luns cando se tivo constancia das chamas, a través dun particular que alertou do incidente.

Nese momento, os xestores de emerxencias avisaron aos Bombeiros do Morrazo, á Garda Civil, á Policía Local e aos membros de Protección Civil. Ademais, tamén se informou aos Bombeiros de Vigo, por se fose necesaria a súa intervención. Horas despois, os efectivos comunicaron que o lume xa estaba totalmente extinguido e que ardera material almacenado dentro da nave, maioritariamente cartón e palés, sen que houbese que lamentar danos persoais.

Con todo, fontes de Protección Civil informaron que o lume volveu a reavivarse esta mañá, polo que os servizos de emerxencia acudiron de novo á planta e atópanse na actualidade tratando de apagar as chamas. As mesmas fontes aseguraron que a principal hipótese apunta a que se tratou dun incendio intencionado, xa que as instalacións non teñen corrente nin actividade e o clima era chuvioso. Este lume prodúcese apenas unha semana despois doutro incendio en Massó, que calcinou as oficinas da nave. Ademais, no mes de agosto rexistrouse un suceso similar na gardaría anexa á planta.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...