InicioSucesosDous mortos en accidentes de tráfico en Vigo e Tui

Dous mortos en accidentes de tráfico en Vigo e Tui

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dúas persoas faleceron na mañán deste venres en sendos accidentes de tráfico, unha en Vigo e outra en Tui. Así, Un home, J.C.G. de 55 anos de idade, faleceu na mañá deste venres en Vigo tras saírse da vía no túnel da VG-20 ao seu paso por Bouzas.

Tal como informou o 112 Galicia, os feitos ocorreron minutos antes das 08,00 horas e foron os propios servizos sanitarios os que alertaron a emerxencias, asegurando que un vehículo acababa de chocar contra a medianeira do túnel en dirección Balaídos. Tamén avisaban de que no interior do mesmo só viaxaba unha persoa.

TUI

Por outra banda, outra persoa, un mozo de 26 anos, faleceu na localidade pontevedresa de Tui tras saír despedido do seu vehículo despois de envorcar mentres circulaba polo punto quilométrico 30 da A-55, en sentido Vigo, á altura da parroquia de Randufe. Segundo informou o 112 Galicia, os feitos ocorreron pasadas as 02,10 horas desta madrugada e foi a Garda Civil a que avisou aos xestores de emerxencias.

ÚLTIMAS

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...