InicioSucesosDetidas catro persoas pola súa suposta vinculación con 14 roubos cometidos en...

Detidas catro persoas pola súa suposta vinculación con 14 roubos cometidos en comercios e unha vivenda do Baixo Miño

Segundo informou a Comandancia de Pontevedra, as investigacións iniciáronse hai varias semanas, cando se rexistrou na localidade da Guarda unha onda de roubos de características similares.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Equipo de Investigación (EBIO) dGarda Civil de Tui detivo a tres homes e unha muller, de idades comprendidas entre 32 e 55 anos de idade, como presuntos autores de 14 delitos de roubo con forza cometidos en establecementos comerciais e nunha vivenda da zona do Baixo Miño.

Segundo informou a Comandancia de Pontevedra, as investigacións iniciáronse hai varias semanas, cando se rexistrou na localidade da Guarda unha onda de roubos de características similares. As pescudas permitiron a identificación e detención de dous homes da Guarda de 55 anos de idade, un home de 32 anos e de nacionalidade portuguesa, e unha muller de 35 anos, tamén con domicilio na Guarda; todos eles con numerosos antecedentes policiais.

Nas distintas denuncias interpostas, ponse de manifesto que os autores dos roubos subtraían todo tipo de alimentos, así como diñeiro de curso legal en diferentes países, xoias de ouro e 28 décimos de lotaría nacional. Dous dos detidos foron postos en liberdade en sede policial, á espera de que sexan chamados polo xulgado, mentres está previsto que os outros dous pasen este luns a disposición xudicial en Tui.

ÚLTIMAS

Abel Caballero celebra a condena a Audasa e reclama a gratuidade da AP-9 tras a sentenza sobre as peaxes de Rande

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, valorou este sábado a sentenza da Audiencia Provincial...

Tres contratistas afrontan xuízo en Vigo por presunta estafa tras cobrar 15.700 euros por unha reforma que non executaron

Tres contratistas serán xulgados este mércores na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra,...

Traballadores de Alten mobilízanse en Vigo contra os despedimentos en BorgWarner

Decenas de traballadores de Alten, empresa auxiliar do sector automobilístico que presta servizo en...

A Fiscalía pide dous anos de cárcere para un empresario por falsificar a firma dun traballador falecido

A Fiscalía solicita unha pena de dous anos de prisión para o administrador da...