InicioSucesosDesaloxan a Cidade da Xustiza por unha falsa alarma de incendio

Desaloxan a Cidade da Xustiza por unha falsa alarma de incendio

Uns 15 minutos despois, tras comprobar que a alarma fora activada sen que respondese a unha situación de emerxencia, permitiuse o acceso ao edificio para retomar a actividade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Cidade da Xustiza de Vigo foi desaloxada por unha falsa alarma de incendio que fixo soar os sinais acústicos minutos antes das 11.00 horas deste xoves. Esta situación obrigou a abadonar o inmoble a todo o persoal e usuarios que se atopaban no interior do edificio xudicial da cidade olívica.

Todos eles foron conducidos polo persoal de seguridade ata o exterior da Cidade da Xustiza, á que, polo momento, non se desprazaron efectivos de bombeiros. Uns 15 minutos despois, tras comprobar que a alarma fora activada sen que respondese a unha situación de emerxencia, permitiuse o acceso ao edificio para retomar a actividade.

ÚLTIMAS

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...

Sete meses de prisión por tocarlle o cú a unha menor e agredir a un policía en Vigo

Un home aceptou sete meses e medio de prisión por lle tocar a unha...