InicioSucesosUn incendio dun móbil cargando calcina varias estancias dunha vivenda en Nigrán

Un incendio dun móbil cargando calcina varias estancias dunha vivenda en Nigrán

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un móbil que estaba a cargar pode ser a causa dun incendio que, aínda que non causou danos persoais, si calcinou varias estancias dunha vivenda na noite do xoves en Nigrán.

Segundo informa o 112 Galicia, foi ao fío das 23,00 horas do xoves cando a ocupante do domicilio, que neses momentos estaba no interior, chamou á central de emerxencias para avisar de que había chamas saíndo do inmoble situado na rúa de Tinde, en Parada.

No momento da chamada xa estaban presentes os membros do GES de Val Miñor, pero o 112 solicitou a intervención dos bombeiros do Morrazo, da Garda Civil, da Policía Local de Nigrán e de Protección Civil.

O GES encargouse de controlar e apagar o lume, tras o cal comunicou que as chamas se propagaron desde unha das habitacións, na que colapsou o teito, e afectou a toda a vivenda. Así mesmo, sinalaban ao teléfono móbil que estivo a cargar todo o día como posible orixe.

ÚLTIMAS

Vigo, epicentro dunha folga xeral con numerosas mobilizacións en toda Galicia

Os traballadores galegos están convocados este mércores 11 de novembro a secundar unha folga...

Disney+ desembarca no Nadal de Vigo cunha experiencia inmersiva gratuíta e “única”: así será a nova atracción do centro da cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que Disney+ instalará na rúa Policarpo Sanz...

O PP de Vigo acusa a Caballero de “vetar” un aumento da partida de vivenda

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, acusou o alcalde, Abel Caballero, de...

Acepta 10 meses de prisión por insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo por dicir que “ía nunha patera”

Un home acusado dun delito contra os dereitos fundamentais e contra a integridade moral...