InicioSucesosDous feridos tras chocar os seus coches na A-55, en Mos

Dous feridos tras chocar os seus coches na A-55, en Mos

Para poder evacuar aos feridos tiveron que sacar as portas dos dous vehículos, cun ocupante en cada coche.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dúas persoas resultaron feridas este sábado tras chocar os seus vehículos na A-55, á altura do quilómetro 120 no lugar de Tameiga dirección Vigo. Segundo confirmou o 112, os feitos ocorreron ao redor das 15.30 horas e para poder evacuar aos feridos tiveron que sacar as portas dos dous vehículos, cun ocupante en cada coche.

A central de emerxencias recibiu o aviso por parte dun particular e dos Servizos Sanitarios que mobilizaron ata o punto dúas ambulancias. O 112 deu aviso aos bombeiros do Baixo Miño e os de Vigo, Garda Civil de Tráfico, Policía Local de Mos e Protección Civil.

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...