InicioSucesosO operativo antidroga dirixido desde Cangas culmina con 15 detidos e incautación...

O operativo antidroga dirixido desde Cangas culmina con 15 detidos e incautación de haxix, cocaína, MDMA e marihuana

A rede criminal tiña a droga almacenada en varios puntos da provincia e contactos no sur da Península

PUBLICADO O

- Advertisement -

O operativo policial levado a cabo polo Equipo de Delincuencia Organizada e Antidroga (EDOA) da Garda Civil e dirixido desde o Xulgado de Instrución 1 de Cangas do Morrazo, saldouse finalmente con 15 detidos, dos que 8 foron enviados a prisión, e coa incautación de 340 quilos de haxix, 4 quilos de cocaína, medio quilo de MDMA e máis de 2.000 plantas de marihuana, segundo informou a Comandancia de Pontevedra.

Esta operación, bautizada como Brown Cod, ‘explotou’ na madrugada do pasado martes, pero as investigacións iniciáronse no principio do ano, cando axentes do EDOA tiveron coñecemento das actividades desta armazón criminal. Segundo as investigacións, esta rede, asentada principalmente na comarca do Morrazo, contaba cunha canle de chegada de estupefacientes e recepcionaba e almacenaba a droga (sobre todo haxix e cocaína) en diversos inmobles da provincia de Pontevedra, para a súa posterior distribución en territorio nacional. A organización contaba con ramificacións en varios puntos da provincia e con membros asentados no sur da Península, encargados de realizar transportes períodicos de haxix para o seu almacén nesas localizacións de seguridade.

DETIDOS E DROGA INTERVIDA

O pasado martes os axentes frustaron un deses transportes, interceptando dous vehículos e detendo aos seus condutores. Nun dos coches, foron intervidos 194 quilos de haxix. Paralelamente, realizáronse o resto de detencións, así como 15 entradas e rexistros en diversos domicilios e lugares de almacenamento da droga, nas localidades de Cangas do Morrazo, Vigo, Mondariz, Sanxenxo, Vilagarcía, Vilanova de Arousa e Córdoba.

No marco desas actuacións, foron intervidos 340,8 quilos de haxix, 4 quilos de cocaína, medio quilo de MDMA (‘éxtase’), unhas 2.000 plantas de marihuana, 50 quilos de sustancia de corte, dúas carabinas de aire comprimido, un silenciador, munición de varios calibres, teléfonos móbiles e equipos informáticos. Os axentes tamén se incautaron de 505.485 euros en metálico.

A Garda Civil informou de que, dos 15 detidos, decretouse ingreso en prisión para 8, mentres que outros 7 quedaron en liberdade, investigados polos supostos delitos de tráfico de drogas e pertenza a organización criminal. No operativo, ademais dos axentes do EDOA, participaron efectivos da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia de Pontevedra, GRS-6, GRS-7, GAR, USECIC da Coruña, USECIC de Pontevedra e Servizo Cinolóxico.

ÚLTIMAS

Investigan un novo asasinato machista dunha muller en Mos

A Garda Civil investiga como un posible caso de violencia de xénero a morte...

Traballadores de GKN saen á rúa para denunciar o ERE “inxustificado” que pretende impulsar a compañía

Centos de traballadores da auxiliar automobilística GKN manifestáronse este domingo en rexeitamento do expediente...

O proxecto ‘Vigo Social Televisión’ seleccionado entre os 35 “máis innovadores para mellorar a vida” dos maiores

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou que o Ministerio de Dereitos Sociais seleccionou...

O vigués Martín de la puente cae na final de tenis en cadeira do Aberto de Australia

O tenista vigués Martín da Ponte caeu este sábado na final de tenis en...