InicioSucesosDetido un presunto ladrón ao que sorprenderon cunha radial no interior dunha...

Detido un presunto ladrón ao que sorprenderon cunha radial no interior dunha vivenda

Ao entrar e rexistrar o inmoble, atopáronse co sospeitoso na cociña, tentando gardar nos mobles as ferramentas que levaba: a radial, un martelo e unha pata de cabra. Ao ser preguntado, o home indicou aos axentes que pasara pola rúa e vira a porta da casa aberta, e que entrara "a ver que había dentro".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 55 anos de idade, M.L.P., como suposto autor dun delito de roubo con forza, e que foi sorprendido cunha radial, entre outras ferramentas, no interior dunha vivenda. Os feitos ocorreron á primeira hora da tarde do sábado, cando o 092 recibiu un aviso dun veciño da Avenida Atlántida, que escoitara o ruído dunha serra radial e observara a un home entrando a roubar nunha casa próxima.

Cando os axentes chegaron ao lugar, observaron unha xanela forzada e sorprenderon no interior da casa a un home, que levaba nas súas mans unha radial. Tamén comprobaron que a porta da vivenda estaba igualmente forzada. Ao entrar e rexistrar o inmoble, atopáronse co sospeitoso na cociña, tentando gardar nos mobles as ferramentas que levaba: a radial, un martelo e unha pata de cabra. Ao ser preguntado, o home indicou aos axentes que pasara pola rúa e vira a porta da casa aberta, e que entrara “a ver que había dentro”. Por estes feitos foi detido como presunto autor dun delito de roubo con forza.

ROUBO NUN KIOSKO

Por outra banda, na madrugada do sábado, a Policía Local recibiu unha chamada alertando dun roubo nun kiosko na Avenida de Samil, onde saltara unha alarma. Ao chegar os axentes, observaron a catro mozos que emprenderon a fuxida á carreira, saíndo da parte lateral do kiosko, onde se atoparon unhas lanternas e luvas tiradas no chan.

Saíron en persecución dos sospeitosos, pero só puideron dar alcance a un deles, J.C.M., de 21 anos de idade. Os sospeitosos tiñan preparadas dúas motos para fuxir, pero ao verse descubertos, deixaron as motos e escaparon a pé. Os ciclomotores foron retirados ao depósito municipal, e o mozo atrapado foi detido por un presunto roubo con forza.

INFRACCIÓN Á LEI DE ESTRANXEIRÍA

Así mesmo, a Policía Local de Vigo informou doutra intervención, neste caso por unha infracción á lei de estranxeiría. Segundo informaron fontes policiais, na madrugada deste luns, unha dotación do 092 que se atopaba parada ante un semáforo na rúa Travesía de Vigo con Doutor Canoa observou un turismo ocupado por dous homes e que circulaba de forma errática. Ademais, o ocupante viaxaba sen o cinto de seguridade posto, polo que a patrulla deulle o alto. Ao identificalos, os policías comprobaron que o acompañante, R.J.C.I., de 27 anos de idade, tiña unha orde da expulsión de España, por infracción da lei de estranxeiría. Por iso, procedeuse á súa detención e puxéronse os feitos en coñecemento da autoridade xudicial.

ÚLTIMAS

Buscan en Nova Zelandia a un mariñeiro galego que viaxaba a bordo dun palangreiro con base en Vigo

Efectivos de procura tratan de localizar a un mariñeiro galego, un xefe de máquinas...

Trasladada ao hospital con queimaduras unha veciña de Vigo tras un incendio na súa vivenda

Unha veciña de Vigo foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro ao resultar ferida, con...

Vigo tomado por miles de “papanoeles” con fins solidarios

A tradicional "Papanoelada" de Vigo volveu a encher a cidade olívica de vehículos de...

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...