InicioSucesosInvestigan ao anterior xerente do chiringuito de Praia América como autor do...

Investigan ao anterior xerente do chiringuito de Praia América como autor do incendio de xuño no local

Trátase dun veciño de Tui de 50 anos de idade, con antecedentes penais, que fora xerente do establecemento pero que, este ano, non resultou adxudicatario ao presentar unha oferta inferior á que logo resultou seleccionada no proceso administrativo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil do posto de Baiona identificou ao presunto autor do incendio que causou danos no chiringuito de Praia América, en Nigrán, en xuño pasado, e que resultou ser o anterior adxudicatorio da concesión do local.

Así, trátase dun veciño de Tui de 50 anos de idade, con antecedentes penais, que fora xerente do establecemento pero que, este ano, non resultou adxudicatario ao presentar unha oferta inferior á que logo resultou seleccionada no proceso administrativo.

A Garda Civil atribúelle catro supostos delitos: dous delitos leves de danos polo corte do fluído eléctrico do chiringuito “con intención de boicotear a actividade”; un delito de usurpación de estado civil, por unha denuncia presentada no Concello contra este establecemento “en nome doutra persoa”; e outro delito polo incendio provocado, días antes da apertura do local.

A concesión destes chiringuitos faise mediante concurso público antes do verán, e as poxas pola concesión fanse en sobre pechado. Este ano, adxudicouse a concesión unha persoa que presentou unha oferta “ostensiblemente superior” á que presentou o investigado, que perdeu dita concesión.

ÚLTIMAS

Detido un home por tentar cravarlle un coitelo ao seu compañeiro de piso

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 51 anos de...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

A meteoroloxía obriga a desviar tres voos con destino Peinador

Tres voos que tiñan previsto aterrar no aeroporto de Peinador, en Vigo, foron desviados...

Caballero acusa á RFEF e ao PP de vetar a Vigo como sede do Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reiterou este martes as súas acusacións contra o...