InicioSucesosDetido en Vigo por roubar a dúas persoas ás que abordou por...

Detido en Vigo por roubar a dúas persoas ás que abordou por detrás e tirou ao chan

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron na cidade olívica a un home como presunto autor de dous delitos de roubo con violencia e intimidación, e un delito de estafa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron na cidade olívica a un home como presunto autor de dous delitos de roubo con violencia e intimidación, e un delito de estafa. Segundo informaron fontes policiais, a investigación arrincou a principios do mes de agosto, cando o 091 recibiu un aviso por un roubo con violencia cometido nun edificio do barrio do Calvario, onde un home subtraera a unha muller de avanzada idade varias das súas pertenzas.

A dotación que acudiu ao lugar atopouse ao sospeitoso nunha rúa próxima ao lugar dos feitos, retido por outra persoa. Esta testemuña explicou aos axentes que estaba a traballar nun edificio da zona e que escoitara os berros dunha muller pedindo auxilio. Na planta baixa do inmoble puido ver a unha muller no chan e a un home que tentaba abandonar o edificio. A vítima, de avanzada idade, contou á testemuña que o outro home acabáballe de roubar, polo que decidiu seguilo ata a chegada da Policía.

Segundo o relato da vítima, o sospeitoso abordáraa por detrás, agarrándoa con violencia pola cintura para arrastrala escaleiras abaixo, ata a planta inferior, onde a tirou ao chan e subtraeulle o bolso. As investigacións posteriores permitiron determinar que este home fora o autor doutro roubo violento na madrugada dese mesmo día. Co mesmo ‘modus operandi’, no interior dun portal, achegouse a outra vítima por detrás e agarrouna polo pescozo para tirala ao chan, e logo quitoulle o teléfono móbil, a carteira, e outros obxectos.

Posteriormente, o ladrón tentou usar o cartón bancario que roubara para facer pagos en varios establecementos da cidade. Por todo iso, ao sospeitoso impútanselle dous supostos roubos con violencia e unha suposta estafa. Tras pasar a disposición xudicial, decretouse o seu ingreso en prisión provisional.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...