InicioSucesosUnha muller e dous menores resultan feridos en Tui ao envorcar o...

Unha muller e dous menores resultan feridos en Tui ao envorcar o vehículo no que viaxaban

O vehículo quedou a escasos metros dunha pendente.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha muller e os seus dous fillos menores, un deles un bebé, resultaron feridos nun accidente de tráfico ocorrido a última hora deste domingo na localidade pontevedresa de Tui. Segundo a información do CIAE 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 21.30 horas, cando o vehículo no que viaxaban os tres feridos envorcou á altura de Pazos de Reis. Foi o concesionario o que avisou a emerxencias ao ter coñecemento do sinistro polo servizo de alertas.

Ata a zona foron desprazados efectivos sanitarios do 061, así como unha dotación dos Bombeiros de Ribadumia e os GES-Bombeiros de Ponteareas. Tamén foron avisados os membros do GES de Mos, os Bombeiros de Vigo, os axentes de Tráfico, da Policía Local e os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

O persoal sanitario trasladou aos tres feridos ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, mentres que os membros do GES-Bombeiros de Ponteareas procederon a estabilizar o vehículo, que envorcara lateralmente a escasos metros dunha pendente.

ÚLTIMAS

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...

Caballero reta a Nova York: “En Times Square teñen que aprender do Nadal de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu despregar na nova edición da Feira Internacional...

(Vídeo) O día que ‘Stranger Things’ abriu un burato en Vigo… que non se pecha

En Vigo pasan cousas raras no Nadal, todo o mundo o sabe. Non raras...

A Fiscalía solicita 3 anos e medio de cárcere para a dona dunha empresa de carpintaría por empregar persoal sen dar de alta na...

A dona dunha empresa de carpintaría enfróntase a unha petición de 3 anos e...